Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

O Vigo de 1809

Vigo é unha vila puxante a comezos de 1809. Os alicientes da súa economía son a pesca, a industria da salgadura e a actividade corsaria contra a flota mercante inglesa. O seu comercio era próspero, mesmo con ouriverías como as de Duarte «O Mozo» e Duarte «o Vello», que facían as alfaias de máis sona.

A vila repártese entre o burgo amurallado, que coincide co actual Casco Vello, e o moderno barrio do Areal. onde se asenta a nova clase burguesa. As murallas tiñan seis portas: A Gamboa, A Laxe, O Berbés, A Falperra, Pracer e a Porta do Sol. Unido á muralla, onde hoxe está o edificio do Concello, estaba o castelo de San Sebastian, separado pola barriada da Ferrería. Moi próxima había unha torre, chamada «A Pulguiña», e no cumio do Castro, outro castelo, desde o que se vixiaba toda a Ría de Vigo

Vigo era xa unha vila grande, cun censo de case dez mil habitantes. Nos seus arredores había barrios e parroquias iguais aos actuais: santiago de Vigo, Teis, Candeán, Chapela, Cabral, Bembrive, Coia, Comesaña,

Bouzas, Navia, Coruxo… Os veciños de todos eles loitaron xuntos na batalla pola Reconquista.

Castelo do Castro
Contorno das murallas de Vigo
(Imaxe Consorcio Casco Vello)

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: