Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

A Guerra en Galicia

En maio de 1808, chegan a Vigo as novas da rebelión popular do 2 de maio en Madrid contra os ocupantes franceses. Os vigueses súmanse á revolta e, reunidos na praza da Pedra, destitúen ao gobernador, Francisco da Roque, a quen acusaban de afrancesado. Francisco Xavier Vázquez Varela é nomeado alcalde, e Juan de Villavicencio convértese en gobernador.

No verán de 1808, os vigueses acadan un primeiro éxito, cando capturan ó buque francés «Atlas», que fondea fronte á Vila, crendo que estaba baixo mando das forzas de Napoleón. No outono dese ano, envíanse 142 mozos da vila para unirse ao exército de Galicia, co cal Vigo queda desgornecida. A finais de ano, fórmase un exército de voluntarios, chamado «Milicia Honrada», formado por uns 300 homes veteranos e mal armados.

O 1 de xaneiro de 1809 entran os franceses en Galicia, con dous exércitos ao mando dos mariscais Soult e Ney. Veñen perseguindo ao exército británico do xeneral John Moore, que evacúa á súas tropas en A Coruña de volta a Inglaterra. Mentres os soldados comezan o embarque , líbrase a batalla de Elviña, na que morre Moore, índa que consigue salvar á meirande parte dos seus homes. Tras a victoria, as forzas napoleónicas dedicanse á ocupación de todo o territorio galego.

A Vigo, as tropas francesas chegan o 31 de xaneiro e a vila vese na obriga de renderse. centos de húsares, 1.200 soldados e 450 dragóns, unidades dmilitares de elite, ocupan a praza nos días sucesivos. Vazquez Varela e Villavicencio son confirmados nos seus cargos, pero o mando de Vigo, tras varios cambios, quedara finalmente en mans dun aguerrido comandante frances, esquecido pola historia xeral, Jacob Antoine Chalot.

Pero, desde o primeiro día de ocupación, os vigueses comezan a conspirar contra os franceses. Dentro das murallas, veciños, comerciantes e os frades franciscanos do convento do Berbés acumulan armas e municións, ao tempo que agochan os viveres aos ocupantes. Nas parroquias do entorno, alistanse voluntarios para retomar a praza, baixo a dirección do abade de Valadares, Juan Rosendo Arias, e do alcalde do Fragoso, Cayetano Parada.

A Resconquista comeza a xestarse, dí a día, sen descanso…

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: